-
0:00/4:22
-
0:00/2:45
-
0:00/3:58
-
0:00/3:44
-
NYSJE - Buttah 4:080:00/4:08
-
0:00/4:49
-
0:00/3:36
-
0:00/2:46
Roster 2022

TRANSILVANIANS | Jamaican R&B & Rocksteady (GZ) Transilvanians fórmanse na cidade de Vigo no ano 2004. Septeto integrado por músicos de diversas procedencias cunha paixón común pola música negra dos 60’s, o western, a ciencia ficción ou o xénero de terror. Percorren co seu funk marciano, refrescante rocksteady, groovy soul, horrorreggae, dub ou r&b xamaicano case toda a xeografía estatal e outros países europeos como Bélxica, Francia, Alemaña, Holanda ou Portugal, cun dos directos incendiarios de máis alto octanaxe que podes atopar actualmente no estado. Ademais do seu propio traballo, múltiples gravacións e un recente segundo longa duración editado “Echo, Vibes & Fire”, composto por 12 novas cancións, traballan de maneira habitual con outros artistas na súa vertente como backing band, e xa teñen acompañado en directo ou estudio a lendas da música xamaicana como Roy Ellis ( a.k.a. Mr. Symarip, co que rexistraron un single en 2012), Winston Francis, Yvonne Harrison ou Roy Panton.

THE NEW YORK SKA-JAZZ ENSEMBLE | Ska-Jazz & Reggae (USA) The New York Ska-Jazz Ensemble (NYSJE) é un bloque compacto de músicos con miles de concertos e máis de vinte anos ás súas costas e unha das bandas máis demandadas debido aos seus excitantes directos. NYSJE naceu durante unha xira europea de The Toasters en 1994. A idea era crear un cambo que, a partir do ska instrumental clásico, abránguese os ritmos e harmonías do modern jazz. Freddie Reiter e Rick Faulkner, dous dos Toasters, pensaron en xente de The Scofflaws e en Devon James, guitarrista dos míticos The Skatalites, para crear a súa superbanda. Todos eles aceptaron. Dende esa idea inicial ata hoxe en día pasaron máis de quince anos, tempo no que se converteron en todo un referente da música ska, actuando por todas as partes e nos eventos máis importantes do xénero. A súa formación cambiou, tanto que tan só permanece Freddie Rocksteady Reiter, aínda que a súa proposta musical se mantén intacta: interpretar estándares de jazz con ritmos xamaicanos.

ROY ELLIS aka MR. SYMARIP | Ska & Early Reggae (JAM) Roy Ellis, tamén coñecido como Mr. Symarip, vendeu máis de 7.000.000 de copias do seu clásico “Skinhead Moonstomp” dende 1969 ata o día de hoxe no selo Trojan Records, un álbum que nunca se descatalogou. The Boss is Back, o seu último disco, preséntanos doce novas cancións cheas de ritmos reggae, rocksteady, soul e ska. Trátase do artista xamaicano clásico que máis actúa en directo hoxe en día dende que volveu aos escenarios hai uns anos, editando o seu anterior álbum (2007) en tres continentes diferentes e actuando por todo o mundo, incluíndo paises como Xapón, México, USA, Colombia e por suposto por todos os cantos de Europa.